IniciosociedadeXimnasia e manualidades nas parroquias da Pobra do Brollón

Ximnasia e manualidades nas parroquias da Pobra do Brollón

O vindeiro luns 3 de febreiro retómanse as actividades de ximnasia e manualidades polas parroquias da Pobra do Brollón. Hai grupos de ximnasia formados en once parroquias e sete grupos de manualidades, aínda que existe a posibilidade de formar novos grupos se hai persoas interesadas.

Publicado o

- Advertisement -

O custe dos cursos é o mesmo que en edicións anteriores, 10 € para unha actividade; e 15 € para dúas actividades. Para asistir, as persoas interesadas deberán dirixirse ao lugar da súa parroquia onde de costume se imparten as actividades.

Se nalgunha parroquia a tempada pasada non se fixo grupo para algunha das actividades e este período si, poden comunicalo nas oficinas do Concello. Séguese a precisar un mínimo de 7 persoas para facer grupo; en caso de non facelo, as persoas interesadas terían que desprazarse a outra parroquia.

Na actualidades, hai grupos de ximnasia polas mañás en Cereixa, A Estación, Saa, Castroncelos e Salcedo e polas tardes en Piño, Pacios, A Ferreirúa, A Pobra, Canedo e Óutara. Hai grupos de manualidades formados en Saa, A Pobra, Eixón, Óutara, Canedo, Pacios e Salcedo.

‘Son actividades de lecer activo para a nosa veciñanza practicamente na porta da súa casa. É unha proposta necesaria nun concello como o noso, cunha poboación tan dispersa,’ comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda. Os horarios específicos de cada grupo pódense consultar na web do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...