Queres participar na XVIII Feira Medieval de Monforte?

Ata o 17 de febreiro pódese solicitar o posto para participar na Feira Medieval de Monforte, e o concello convoca o VII Concurso de axudas para a confección de Traxes Medievais, co obxectivo de incentivar á participación da veciñanza.

Traxes medievais / Concello de Monforte

A organización da XVIII Feira Medieval admitirá tres modalidades de postos: alimentación, artesanía e comercio. E, do mesmo xeito, dará prioridade ás solicitudes de vendedores/as de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesá/na. O 17 de febreiro remata o prazo para inscribirse e optar a ter un posto. O 10 de marzo publicarase a listaxe de admitidos.

O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,19 € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89 € independentemente do seu tamaño.

E o concello vén de convocar o VII Concurso de axudas para a confección de Traxes Medievais. O obxectivo deste concurso é aumentar a participación da veciñanza nos diferentes actos da Feira Medieval . Os/as veciños/as interesados/as en participar neste concurso de axudas para a confección de traxes medievais deberán chamar entre o 7 ó 21 de febreiro de 2020 ás radios Principal Cadena Ser e Onda Cero Monforte durante a emisión local de luns a venres e contestar a unha pregunta formulada polo/a locutor/a referida a Monforte.

As radios colaboradoras emitirán unha lista o 24 de febreiro das persoas que acertasen as preguntas co seu nome e teléfono de contacto, estas persoas pasarán polo concello do 25 e o 28 de febreiro a realizar unha solicitude formal no rexistro municipal para que sexan subvencionadas cunha cantidade máxima de 40 euros por persoa. Subvención que deberá ser empregada na confección e elaboración dun traxe medieval que se lucirá nos actos da feira medieval os días 11 e 12 de abril de 2020.

Tras a celebración da Feira Medieval, os beneficiarios da subvención, entre o 13 e o 20 de abril, deberán presentar ó seu nome no rexistro do Concello de Monforte a factura xustificativa do gasto da tenda colaboradora coa Feira Medieval onde realizou o seu traxe, polo importe  concedido como mínimo, no que conste o pago e o concepto. As tendas colaboradoras co Concello de Monforte no concurso de axudas para traxes medievais son:

  • GNOMOS, rúa Hermida Balado, 10.
  • NITA VEIGA, rúa Cardeal, 6; só adquisición de teas.
  • TEXIDOS PHILDAR, rúa Doutor Casares, 12.
  • RETALES MERCE, rúa Doutor Teijeiro, 38.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here