IniciosociedadeAdicatorias con amor en Sarria

Adicatorias con amor en Sarria

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolve desde o luns día 3 de febreiro ata o día dos namorados, a campaña promocional "Adicatorias con amor".

Publicado o

- Advertisement -

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realicen algunha compra durante estes doce días, cubrirán os seus datos no tícket de compra e poderán gañar unha cea romántica para dúas persoas.

Sorteanse tres ceas para dúas persoas en establecementos de hostalaría asociados (Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso e Restaurante Roma). Unha das ceas sortearase aleatoriamente entre aqueles namorados que deixen a súa adicatoria á reporteira que percorrerá as rúas da vila e establecementos asociados recollendo as adicatorias dos namorados o día 14. As adicatorias sairán nas redes sociais do Centro Comercial Urbano de Sarria, igual que en edicións anteriores.

“Adicatorias con amor”, contou con gran acollida por parte do público da vila, en anos anteriores, e agardan o mesmo éxito para este ano.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...