Seminarios sobre o uso das tecnoloxías no concello de Quiroga

Trámites dixitais dende cero, Muller e Igualdade e Saúde, temática dos seminarios que se desenvolverán en Quiroga de Febreiro a Xuño deste ano 2020, en horario de 10:30 a 11:30 da mañá.

Quiroga / Concello de Quiroga

As Áreas de Cultura, Igualdade e 3º Idade do Concello de Quiroga organizan a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), coa colaboración do FEGAUS, unha serie de seminarios online que se desenvolverán na aula CEMIT de Quiroga. Estas actividades están abertas a toda a cidadanía e adaptadas especialmente ás persoas maiores para así  achegarse ás tecnoloxías e gozar das oportunidades que nos ofrecen  no que se refiere á realización de trámites dixitais, á formación e actualización en distintas materias  e  enriquecemento persoal  en todas as etapas da vida.

Un primeiro bloque tratará sobre os “Trámites dixitais dende cero” e levarase a cabo os días 6, 13, 25 e 27 de Febreiro . Entre os temas para tratar estarán: cómo obter a túa firma dixital, tramites online sen certificado dixital, como utilizar o certificado dixital e o DNI 3.0 no móbil e por último a firma de documentos electrónicos co teu certificado dixital.

Un segundo bloque versa sobre “Muller e Igualdade” e levarase a cabo nos días 10, 24 e 31 de Marzo, coincidindo no mes no que se celebra o día internacional da muller. Tratarán sobre as mensaxes e a linguaxe igualitarios ou a historia feita por mulleres entre outros.

Por último, un terceiro bloque que trata sobre “A saúde” desenvólvese os dias 2 e 16 de Xuño cunha temática referida á axuda aos coidadores de persoas dependentes e sobre a alimentación saudable.

Concello de Quiroga / XdL

Ademais destas actividades estruturadas en bloques levaranse acabo outras de duración máis breve como pode ser por exemplo un seminario dun só  dia de duración, o 29 de Maio, sobre dispositivos móbiles intelixentes como reloxos, pulseiras, etc.

Para participar nestas charlas deben anotarse na Casa da Cultura, onde recibirán a información que precisen.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here