O TSXG solicita outro Xulgado de Primeira Instancia e Instrución para Sarria

O Tribunal Superior da Xustiza Galega aprobou a proposta para reclamar oito novos órganos xudiciais en Galicia.

Xulgados / GC

O pleno da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aprobou a súa proposta de novos órganos xudiciais na Comunidade galega para este ano. O plan inclúe oito xulgados de nova creación, entre os que se atoparía un do Social para Lugo e un segundo xulgado de Primeira Instancia e Instrución para Sarria.

O TSXG solicita novos órganos nas catro cidades galegas, ademais dun aumento de prazas nas audiencias provinciais. Basea a proposta nos “números de entrada de asuntos que se rexistra nestes órganos xudiciais”, superiores ao establecidos polo  Consello Xeral do Poder Xudicial.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here