IniciosociedadeMellora de estradas provinciais en Monforte, A Pobra do Brollón e Chantada

Mellora de estradas provinciais en Monforte, A Pobra do Brollón e Chantada

A Deputación aproba os Plans de Seguridade e Saúde no Traballo da rehabilitación de firmes nos municipios da Fonsagrada, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, A Pontenova e Chantada

Publicado o

- Advertisement -

Deputación de Lugo vén de aprobar un conxunto de Plans de Seguridade e Saúde no Traballo das obras de rehabilitación do firme de 9 estradas provinciais de 5 concellos nos que a institución provincial investirá máis de 1millón de euros.

No concello de Monforte de Lemos e no da Pobra do Brollón “imos comezar a rehabilitación da estrada LU-P-3203 que conecta o núcleo de Monforte con Rozavales; e tamén a LU-P-4702 Vilachá-A Pobra do Brollón”, sinalou García Porto. Nesta obra arranxaranse preto de 7,5 quilómetros e vanse investir 264.000€.

No concello de Chantada vaise mellorar o firme da estrada provincial LU-P-1802, que une Chantada co encoro de Belesar; tamén a LU-P-1804, que conecta Touza con Ponte de San Fiz e a LU-P-1809, que discorre entre Chantada e Antas de Ulla. En total son case 9 quilómetros e medio e nestas tres vías provinciais invístense 317.000€.

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...