Concello da Peroxa, convidado de honra da XL Feira do Viño de Amandi

A XL Feira do Viño de Amandi, que conta coa preinscrición de 25 adegueiros da subzona de Amandi amparados pola DO Ribeira Sacra, terá este ano ao Concello da Peroxa como convidado de honra.

Recinto feiral ateigado de xente no momento do pregón. Foto: P.S.

A XL Feira do Viño de Amandi será inaugurada o sábado 18 de abril ás 12:00 do mediodía por familiares de David López Fernández, de Fontemaior– Lobios e de Fidel Pérez Durán, de Vilar de Mouros-Doade.

A organización quere lembrar a dous viticultores e adegueiros finados nos últimos meses e que participaron nas primeiras edicións da Feira do Viño de Amandi, ademais de contar con adegas amparadas pola DO Ribeira Sacra nos seus inicios.

A presentación oficial do cartel anunciador, xunto co programa da actos do Mes do Amandi e da propia Feira do Viño de Amandi, será o sábado 21 de marzo a mediodía no Miradoiro dos Chelos, na parroquia de Santa María de Amandi.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here