O concello de Bóveda vístese de entroido o día 22

O Concello de Bóveda celebra o Entroido o sábado, día 22, con baile, desfile de disfraces e entrega de premios no Centro Sociocultural a partir das 17:00 horas.

Concello de Bóveda / XdL

As bases do concurso de disfraces do concello de Bóveda establecen que poden participar no concurso todos os disfraces presentes no Centro Sociocultural de xeito individual, en parella ou en grupo, previa inscrición, que terá lugar antes do desfile á entrada do centro. Haberá premios nas categorías de individual infantil, individual adulto, parella infantil, parella adulto, parella mixto, grupo infantil, grupo adulto, grupo mixto.

Os 1º e 2º premios nas categorías infantís consistirán en xoguetes e os 1º e 2º das categorías de adultos consistirán en vales cun importe económico para gastar nos establecementos comerciais do Concello de Bóveda.  Nas categorías mixtas (adultos e nenos) serán xoguetes e vales. Calquera das categorías sinaladas pode quedar deserta se o xurado así o considera.

O xurado estará composto por un mínimo de 3 e un máximo de 5 persoas relacionadas co deseño, decoración ou creación, todas elas adultas non disfrazadas presentes na Casa da Cultura alleas á organización dos actos. O concurso estará presidido pola concelleira da Área de Cultura con voto, e actuará como secretario un funcionario do Concello.

Ao remate, unha vez se entreguen os premios, haberá unha chocolatada para todos os asistentes.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here