IniciosociedadeCinco prestamistas afrontan 57 anos de prisión por secuestrar e agredir o...

Cinco prestamistas afrontan 57 anos de prisión por secuestrar e agredir o dono dun club de Quiroga

O propietario do club de alterne aseguraba non dispoñer dos cartos, así que os acusados proferiron continuas ameazas de danos e morte contra el e a súa familia. Ante esa situación, o home e mais a parella tiveron que marchar de Monforte, onde vivían. Unha vez que regresaron, pegaron nel unha malleira.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- O ministerio fiscal pide 57 anos de cárcere para cinco prestamistas acusados de ameazar, secuestrar e golpear o propietario dun club de alterne situado en Quiroga para que lles abonase os 12.000 euros que lle prestaban a un interese do 25%.

Segundo a fiscalía, ao chegar a data pactada para a devolución do diñeiro, como o home non puido abonar a débeda, os acusados agredírono e extorsionárono a el e á súa familia, ademais de esixirlles o pago de 150.000 euros.

Segundo o escrito de acusación, “como consecuencia de estar a pasar por un mal momento económico”, o propietario do club de alterne na localidade de Quiroga, R.L.R, contactou a través dun dos investigados con dous prestamistas “coñecidos na zona como os murcianos”, quen lle prestou 12.000 euros a un interese do 25%, coa condición de que o diñeiro fose devolto o 13 de marzo de 2009.

AMEAZAS SOBRE A FAMILIA

Con todo, vencida a data sen que “abonase a totalidade do préstamo, ambos os investigados comezaron a chamalo de forma insistente” co ánimo de atemorizalo, e ameazárono con enviarlle “os iugoslavos” para matalo a el e á súa parella sentimental, despois de violala a ela na súa presenza.

Debido “ao temor infundado por estas ameazas, decidiron marchar de Monforte de Lemos”, onde residían, e “agocharse noutro lugar” cos teléfonos móbiles apagados.

Posteriormente, ante a imposibilidade de localizar a R.L.R, os investigados acudiron a Monforte de Lemos, onde intimidaron a súa nai, ademais de darlle detalles, en ton ameazante, do internado onde cursaba os seus estudos o seu neto, fillo da vítima.

AGRESIÓNS

Iso motivou o regreso das supostas vítimas á cidade do Cabe o 16 de marzo. Alí recibiu de novo a visita de dúas dos investigados, que volveron ameazalo de morte. Daquela, retomáronse as presións. Ao dicirlles R.L.R. que non podía dispoñer do diñeiro, obrigárono a subir nun coche e levárono ata una gasolineira en Ribadavia (Ourense), onde quedaran todos os procesados.

Desde alí, trasladárono a “un campo afastado”, onde o golpearon na cara e no peito. Dixéronlle que a débeda subira a 150.000 euros e ameazárono con facerlle grave dano á súa familia se non abonaba dita cantidade.

De regreso a Monforte, obrigaron á irmá de R.L.R a entregarlles o seu propio coche, un vehículo valorado en 4.770 euros que aínda non foi recuperado.

A DENUNCIA, FIN DA HISTORIA

As ameazas continuaron ata que os familiares de R.L.R denunciaron esta situación na Comisaría do Corpo Nacional de Policía, cuxos axentes detiveron aos investigados o 21 de marzo de 2009 á saída dun pub, onde a vítima previamente quedara con eles supostamente para realizar o pago da débeda.

O xuízo celebrarase os días 26 e 27 de febreiro na Audiencia Provincial de Lugo. Os detidos serán procesados por delitos de ameazas, secuestro, lesións e extorsión. O fiscal solicita 15 anos de cárcere para dous dos sospeitosos, mentres que para os outros tres pide 9 anos de cárcere en cada caso.

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...