CCOO pon transporte desde Monforte para a Asemblea que celebran o día 27 en Lugo

Sede de CIG e CC.OO. en Monforte / XdL

A asemblea terá lugar en CCOO Lugo o día 27 de febreiro ás 16.00 h. A orde do día recolle:

  • Día da Muller Traballadora 2-3-20
  • Día da Clase Obreira Galega 10-3-20
  • Derogación Reforma Laboral
  • Reforma Pensións e Pacto de Toledo
  • Eleccións Sindicais e afiliación
  • Negociación colectiva e mercado laboral

Os delegados que desexen acudir a esta cita utilizando o transporte gratuíto deben de inscribirse nos locais de CCOO Monforte antes do día 27 ás 12.00 ou ben chamar ao teléfono 690 245 606.

A saída será ás 15.00 h. diante de CCOO Monforte na rúa Roberto Baamonde. Desde a secretaría de acción sindical agardan unha gran resposta para esta asemblea, dada a importancia dos temas a tratar.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here