Renfe bloquea o tren Galicia-Euskadi, que pasa por Monforte, ao detectar amianto nos vagóns

O ente público substituirá os dezasete vagóns que compoñen os dous trens e recalca que os viaxeiros non sufriron ningún prexuízo pola presenza deste material en tres deses coches.

Tren c. RENFE - Arquivo

EFE / EP .- Renfe detectou amianto en tres vagóns dos dezasete que compoñen os dous trens Intercity que realizan o traxecto Galicia-Euskadi, de maneira que foron apartados da circulación. A compañía bloqueou a venda de billetes dende o vindeiro 2 de marzo.

Malia que só se detectou a presenza deste material en tres coches (nunha peza dun armario ou no recubrimento da calefacción), serán substituídos os dous trens completos nunha data pendente de concretar, segundo sinalan dende Renfe. Asemade, recalcan que “en ningún caso” a presenza deste material xerou prexuízo nos viaxeiros desta liña, que une A Coruña, Santiago, Ourense, Vigo, Redondela, Guillarei, Monforte, San Clodio, A Rúa, O Barco, Ponferrada con Bilbao e Irún-Hendaia.

“MAL SERVIZO”

O sindicato CXT xa solicitara a substitución destes vagóns, datados dos anos 80, polo “mal servizo que estaban a dar”, tanto por avarías como por problemas nos equipos (aire acondicionado, enchufes ou accesibilidade). Así mesmo, pedirá que se realicen revisións médicas aos traballadores para avaliar se presentan algunha consecuencia pola exposición ao amianto.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here