IniciosociedadeCIG-SAÚDE denuncia carencias de persoal no Hospital Comarcal de Monforte

CIG-SAÚDE denuncia carencias de persoal no Hospital Comarcal de Monforte

Segundo esta formación sindical, o Hospital segue a estar sen especialistas, sen cardiólogo e sen dixestivo.

Publicado o

- Advertisement -

Dende o sindicato alertan que nas plantas do Hospital Comarcal de Monforte as necesidades de persoal seguen baixo mínimos, e con urxencia precisaríase polo menos unha enfermeira e unha TCAE a maiores por planta, sobre todo polas noites.

Afirman que “hai plazas de acúmulos de tarefas que levan mais de oito anos así. O que hai que facer é estabilizar estas plazas e pedilas coma vacantes” e engaden “fai falta un Técnico Especialista de Laboratorio en quenda de mañán e tamén un celador por quenda”.

Seguindo coas observacións, consideran grave que tendo carencias de persoal a Subdirectora de Enfermería estea mandando persoal de Quirófano a reforzar Urxencias cos problemas que pode haber en urxencias por mor dos virus que temos neste tempo de gripes. “É unha forma de propagar os virus co perigo que conleva ao ser persoal de Quirófano”, advirten.

Nesta liña de irresponsabilidades que din está a caer a Subdirectora de Enfermería consideran tamén grave o que se fai coas enfermeiras de Reanimación. Segundo a forza sindical, estas teñen que ir pinchar ás plantas e a laboratorio. Ás veces teñen que pinchar a pacientes illados e logo volver a Reanimación.

Ademais dos problemas xerados pola carencia de persoal, CIG-SAÚDE do Hospital Comarcal de Monforte denuncia deterioros en máquinas de probas diagnósticas como por exemplo o que, segundo eles, sofren os chasis nos que se están a facer as radiografías. Din que están deteriorados, “saen unhas raias e unhas bandas que moitas veces estragan as radiografías e hai que repetir as placas co que se radia dobremente ao paciente”.

No remate da nota enviada á prensa o sindicato bótalle en cara aos responsables de xestionar os cartos públicos que “ao mellor en vez de gastar os cartos en cambiar o nome aos Hospitais para poñerlles ‘Público’ este diñeiro se debería de empregar en contratar persoal ou mesmo cambiar os chasis do Servizo de Raios para non radiar os pacientes dúas veces”.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...