IniciosociedadeComo celebra Monforte o 8 de marzo?

Como celebra Monforte o 8 de marzo?

Co gallo do 8 de marzo,  Día Internacional da Muller, o Concello de Monforte e o Centro de Información á Muller (CIM) organizan diferentes actos tanto o propio domingo día 8 coma noutras xornadas deste mes.

Publicado o

- Advertisement -

Os días 4 e o 5 de marzo desenvolverase o Proxecto Gira Mujeres: “Encontra a túa ruta”, no Centro Cívico. Trátase dun proxecto dirixido a mulleres de 18 a 60  anos, tanto de Monforte coma de toda a comarca, para favorecer o empoderamento a través dunha formación especializada para guialas na toma de decisións da súa vida profesional e impulsar a súas ideas de negocio. Este obradoiro formativo desenvolverase en horario de mañá para mulleres desempregadas e emprendedoras (de 9:30 a 13.30), e en horario de tarde para mulleres empresarias (de 16 a 20 horas).

O día 5 de marzo terá lugar a obra de teatro 1879 Casa de bonecas”, da Compañía Estudo Momento. A cita ás 20.15 horas no Edificio Multiusos. Os días 5, 6 ,12 e 13 de marzo celebraranse os obradoiros de primaria “Análise da miña realidade”, un proxecto de educación en igualdade na Escola Primaria. O obradoiro será impartido pola Educadora Social Noelia Rodríguez Álvarez. O 6 de marzo inaugurarase a  exposición de pintura “Disconformes”, de Ana Ferreiro. A cita, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20.00 horas. Disconformes”, é unha mostra que nos emite unha pincelada de esperanza, forza e ilusión; cada obra ten unha historia que a pintora quere achegar ó público provocando sensacións, ideas e conclusións.

Co gallo do 8 de marzo “Día Internacional da Muller” o Concello de Monforte, a través da Concellería de Muller e Igualdade, celebrará o acto institucional na Explanada da Compañía (diante das Casitas) ás 13:00 h., cunha concentración en prol da igualdade de mulleres e homes, onde a Concelleira de Muller e Igualdade procederá a lectura dun Manifesto.

O luns 9 de marzo no salón de actos do Centro Cívico,  farase Visionado e entrega do conto dixital “Inés Fernández, unha muller para o 8 de marzo”, en colaboración co colectivo “Lemosle de Monforte e Comarca”. Asistirán os Centros de Ensino de Monforte e comarca, así como as Bibliotecas Municipais e escolares da zona en distintas sesións, ó longo das 11:30 h. ás 13:30 h.

sábado 14 de marzo, terá lugar o  Curso de autodefensa persoal para mulleres, co obxectivo de dotar ás mulleres de ferramentas para a súa defensa persoal e auto capacidades para a prevención de situacións de violencia de xénero.  Na XIII Xornada de Saúde na Muller abordaranse os problemas do sono na conferencia de D. Emilio Rodríguez Sáez, Doutor especialista en Neurofisioloxía Clínica. A conferencia terá lugar o venres 20 de marzo as 20 horas no Centro do Viño.

A Cuarta Ola: contra a violencia sexual é o nome dos obradoiros de secundaria, que serán desenvoltos por Townada Rebels, unha canle de comunicación feminista formado pola actriz e xornalista Teresa Lozano e a tamén actriz e humanista, Zua Méndez. O xoves 26 de marzo ás 20:15 horas representarase no multiusos a obra A compañeira de piso” da Compañía de teatro Contraproducións.

O Alcalde de Monforte, José Tomé, asegurou que “organizamos un amplo e completo abano de actividades, dirixidos a todos os estamentos da nosa sociedade, porque queremos unha sociedade paritaria e participativa, na que as mulleres ocupen o lugar que lles corresponde por dereito, unha sociedade que camiñe cara á igualdade real e efectiva”. E neste senso, animou a “todos os monfortinos e monfortinas a que participen nestas actividades e quero convocalos especialmente a que nos acompañen ese domingo 8 de marzo diante das Casitas para celebrar o Día Internacional da Muller, esperando que chegue o día en que non faga falta reivindicar nada disto”.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....