IniciosociedadeXunta e concellos mellorarán o Camiño de Inverno

Xunta e concellos mellorarán o Camiño de Inverno

A Xunta sinalizará e mellorará 190 quilómetros do Camiño de Inverno por un importe inicial de 1,5 millóns de euros.

Publicado o

- Advertisement -

Estas actuacións supoñen a culminación dos investimentos do Plan Director do Camiño de Santiago. Mellorarase a sinalética, tanto horizontal como vertical, a instalaranse cunchas de bronce nos lugares declarados BIC e desenvolveranse actuacións de rehabilitación en liña coas obras realizadas nos diferentes Camiños de Santiago. Este é o paso previo á súa licitación, na que se dá continuidade ao diálogo establecido para que os concellos poidan facer as súas achegas.

Esta iniciativa ten por obxectivo preparar este itinerario de cara ao próximo ciclo Xacobeo que comezará en 2021. A Xunta destaca o potencial de crecemento desta ruta, que o ano pasado experimentou un incremento do 47% segundo as cifras da Oficina do Peregrino. Trátase do único itinerario que transcorre polas catro provincias, ademais de atravesar o corazón da Ribeira Sacra, que opta a ser declarado Patrimonio da Humanidade.

O Camiño de Inverno transcorre tamén nos seus inicios polo un espazo paisaxístico das Médulas, declarado Patrimonio Mundial, convertendo a esta ruta nun referente no eido do patrimonio cultural. O conselleiro de Cultura e Turismo chama a todos os axentes implicados a traballar de xeito conxunto para impulsar o Camiño de Inverno na antesala do vindeiro Ano Santo. Explicou que a posta en valor desta ruta favorecerá aos concellos polos que discorre, promovendo a cohesión territorial e a dinamización destes territorios, favorecendo a creación de emprego.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...