IniciosociedadeMonforte lidera o descenso do paro no sur de Lugo en febreiro

Monforte lidera o descenso do paro no sur de Lugo en febreiro

Na cidade do Cabe o número de desempregados baixou en 45 persoas mentres que no concello veciño do Saviñao aumentou en 20. Son, respectivamente, o mellor e o peor dato do pasado mes no sur da provincia.

Publicado o

- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. de Lugo amosa a súa satisfacción tras coñecer os datos do paro de febreiro, concretamente os referidos ás comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada por contabilizar no seu conxunto 41 parados/as menos. No lado menos positivo está a Comarca de Sarria que no global de todos os concellos que a conforman sumou un parado/a máis.

O número de parados/as nestas 4 comarcas ascende, rematado febreiro, a 3651. Por comarcas, en Chantada hai agora 635, en Lemos 1604, en Quiroga 280 e en Sarria 1132. Os mellores datos para Lemos que baixou en 32 o número de desempregados/as.

Collendo os datos por concellos, atopámonos con que Monforte conseguiu descontar en 45 persoas o desemprego local, o mellor dato de toda a zona sur de Lugo. No lado oposto temos ao Saviñao que sumou 20 parados/as máis neste pasado mes.

DATOS DO PARO POR CONCELLOS

Na Comarca de Sarria os números quedan así: O Incio 53 desempregados/as (+8), Láncara 113 (-8), Paradela 45 (=), O Páramo 36 (-2), Samos 40 (+3), Triacastela 35 (+4) e Sarria 810 (-4).

En Chantada: Carballedo 60 (-2), Taboada 101 (-9) e Chantada 474 (+7).

Na Comarca de Lemos: O Saviñao 172 (+20), Sober 114 (+3), Bóveda 53 (-8), Pantón 101 (+1), A Pobra do Brollón 72 (-3) e Monforte de Lemos 1042 (-45).

Na Comarca de Quiroga: Ribas de Sil 55 (-3), Quiroga 179 (-3) e Folgoso do Courel 46 (+1).

En relación a este descenso xeral do paro na zona sur, o sindicato CC.OO. advirte certa recuperación do sector da construción e do educativo nas comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada. Referíndose á hostalería denuncian situacións de “explotación laboral” en empresas de restauración de Monforte. Estas, segundo eles, néganlles aos traballadores o dereito ao SMI -Salario Mínimo Interprofesional- e ás vacacións, incumprimentos graves que pensan levar ao Xulgado do Social e á Inspección de Traballo.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...