Quiroga prepárase para o 8M

Cea, charla, concerto, concentración e mural protagonizan o Día Internacional da Muller en Quiroga.

Vista de Quiroga. Fonte: Facebook Concello de Quioga

O Sábado, día 7, terá lugar a tradicional cea de Confraternidade entre mulleres de toda a comarca de Quiroga e Ribas de Sil, sendo esta a súa VII edición. Este ano participan 85 mulleres e será no restaurante Lar de Torrenovaes da vila de Quiroga. Previamente á cea haberá unha charla sobre Igualdade e feminismo, sendo a temática elixida para este ano Sororidade. Trala cea haberá un concerto do dúo Soul&Roll.

O domingo, día 8, as 18:00 horas haberá unha concentración silenciosa na Praza de España para reivindicar os dereitos das mulleres e visibilizar as súas problemáticas.

O luns, día 9, comezará a elaborarse o mural adicado a muller que fará a artista viguesa, Abi Castillo, coñecida ilustradora dos libros “Pioneiras”, e por ter ilustrado 3 camisetas o verán pasado para a firma téxtil galega Zara, así como por elaborar o calendario 2020 da entidade financieira ABANCA, entre moitas máis obras de muralismo e ilustración. Abi Castillo tamén é unha recoñecida ceramista. A artista elaborará un mural dedicado á muller ao longo da semana. Estará situado na fachada principal do Pavillón de deportes de Quiroga.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here