Aberta a inscrición para a XVI Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga

Carreira Feira do Viño Quiroga / Concello de Quiroga

A carreira popular da Feira do Viño de Quiroga celebrarase o día 10 de abril, venres santo. Unha carreira clásica de SEMANA SANTA que ten a singularidade da data, xa que é a única que se corre en Venres Santo pola tarde, en Galicia e España. A carreira para menores comezará ás 16.15 h. e ás 17.00 a proba absoluta.

Esta carreira destaca por dous tramos ben diferenciados:

-O tramo que transcorre polo paseo do rio Quiroga e río Sil un tramo, cheo de calma e beleza, para gozar correndo.

-O tramo que pasa pola Rúa Real, arteria principal do Val de Quiroga, na que os corredores senten o calor e ánimos dos quirogueses, quiroguesas e visitantes que ateigan a vila nunha das súas festas máis importante, a Feira do Viño.

As inscricións para a carreira poden facerse nesta ligazón.

Carreira Feira do Viño Quiroga / Concello de Quiroga

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here