“Adaptarse ao que vai pasando”, Lorena Domínguez, enfermeira en Madrid

"Estes días sentábame mal ver xente na rúa como se fose un domingo de verán nas terrazas ou nos parques, ou xente viaxando aos pobos nestes 15 días de contención. Hoxe (polo venres) xa é outro cantar, parece que a xente se está sensibilizando, e todos xuntos podemos facer frente a esta situación límite, cada un somos un eslabón da cadea, e se non nos implicamos, de pouco van servir as medidas," Lorena Domínguez

Domínguez, agachada, nunha manifestación pola sanidade pública con compañeiras sanitarias. AXM

Esta enfermeira de Cervo, que traballa desde 2008 no Hospital de Henares (Coslada), preto dun dos principais focos de coronavirus da comunidade madrileña como é Torrejón de Ardoz, conta a súa experiencia nun dos epicentros da crise sanitaria a nivel estatal. Toda a información no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here