Iniciosociedade"É agora cando hai que dar o do de peito," Juan Lanzós,...

“É agora cando hai que dar o do de peito,” Juan Lanzós, cociñeiro residencia de anciáns

Nas residencias de anciáns os traballadores son seus ollos con respecto ao que está a pasar fóra. O responsable de cociña da residencia do Malecón en Monforte asegura que, "É agora cando hai que dar o do de peito, cando hai que estar é agora. Eu creo que debo ir traballar. Hai moita xente que non o pensa así. A xente está asustada, pero todos estamos asustados, sanitarios, forzas de seguridade,…"

Publicado o

- Advertisement -

As residencias de anciáns son un dous principais centros de preocupación ante a crise sanitaria do COVID-19. As persoas maiores son das máis vulnerables ao virus e pode causarlles peores consecuencias. Agora, os maiores en residencias xa non poden recibir visitas, pero ata a semana pasada podían recibir unha visita de menores de 70 anos; se é que a familia se acordaba de que eles estaban aí.

Na maioría dos casos estas persoas non saían dos seus centros e case non tiñan contactos, entón ou virus chégalles desde fóra; algo que preocupa aos traballadores. Juan Lanzos Chinarro leva 27 anos de cociñeiro para a Administración, 7 anos como responsable de cociña da residencia do Malecón de Monforte, un dos cinco centros da Xunta na provincia que dan servizo a asistidos. No día 7 de corenta, Juan asegura que a vida laboralmente non lle cambiou moito, “Fago basicamente o de sempre, con máis nervios e preocupacións. Os maiores están bastante nerviosos porque non poden saír, por exemplo. Hai moito medo, moitas preguntas, moita tensión. Tensión porque non queres que pase nada e tes que ter coidado.”

Residencia do Malécón e Centroo Cívico de Monforte / XdL

As medidas que se están tomando parten da base de que o contaxio prodúcese por contacto, porque nos chega o virus desde o esbirro da persoa infectada, por exemplo; ou porque nós tocámolo nunha persoa ou cousa infectada e despois introducímolo en nós, ao tocarnos a cara, principalmente; de aí a importancia da hixiene nas mans e da distancia entre individuos. Pero hai circunstancias nas as medidas non se poden cumprir, “Como responsable da cociña tómanse as máximas precaucións en canto a tempos de cocedura e demais. O protocolo séguese, pero ao 100%?… É unha residencia de anciáns, a persoa que serve, tes que servir, tes que ir á mesa e hai xente que necesita axuda, que está encamada. A esa xente achégasche a menos dun metro dela e non hai traxes de prevención, porque esas cousas son para as persoas infectadas. Nós temos infectados 0 agora mesmo. O material que temos está a reservarse, non levamos máscaras e cóidase a hixiene de mans, pero tampouco estamos constantemente con luvas, se non, 20 traballadores cambiando de luvas cada 10 minutos, non hai luvas que cheguen.”

“Nos centros de traballo con maiores, os traballadores temos que estar máis controlados”

Juan Lanzós

Neste tipo de centro, despois de todas as medidas tomadas e fóra dos xa contaxiados, os traballadores serían a principal fonte de contaxio. “Nos centros de traballo con maiores os traballadores temos que estar máis controlados. Facemos todo o posible, pero se non tes síntomas e tes o virus, ou se cando empezas a ter febre xa contaxiaches a 18… Quen o sabe?”

Segundo como vaian pasando as horas fálase de quendas de mínimos para estes centros, para reducir o movemento de xente que chega de fóra das instalacións, pero este xefe de cociña cre que en cociña non sería bo reducir porque se reduciría a calidade da comida e a alegría dos internos. “Ás veces facemos comidas especiais, facemos cousas distintas para que estean animados á hora para comer que é cando fan un pouco de convivencia. E iso non llo podes quitar, que esta xente está encerrada, como estamos todos, e a alimentación, que é básica para todos, para eles é máis. Creo que ás veces se insiste pouco nisto e unha das claves para ter un bo sistema inmunitario é ter unha boa alimentación. Aquí a xente está pendente todo o día dese momento, almorzo, comida e cea. Non saen de alí, que fan? A tele canto menos vexan, mellor e máis con todo o que se está dicindo das residencias de anciáns.”

Soidade do ancián / cuidateplus.marca.com

Os maiores nas residencias están asustados, en moitos casos, as familias non acudiron a transmitirlles tranquilidade cando a ameaza estaba a chegar e o único que agora lles pode axudar anímica e emocionalmente son os/as traballadores/as. Para Juan a comida é sacra, asegura que o foi sempre e máis nestas ocasións, “Dentro do malo se os podes facer felices uns minutos falo, porque para o malo xa chegará o tempo. Onte para comer tivemos lagostinos cocidos de primeiro, cordeiro asado de segundo e brazo de xitano de sobremesa. Para chorar xa chegará o tempo.”

A residencia do Malecón de Monforte atende a 32 persoas das que máis do 20% ten máis de 90 anos e o 80% restante rolda, na súa maioría, os 80. Despois tanto anos aquí, Juan coñéceos a todos por nome e apelidos, “Coñezo o que nome de cada un, as teimas coa comida,… Somos unha gran familia, o que tamén o fai complicado. Somos seus ollos con respecto ao que está a pasar fóra. E é agora cando hai que dar o do de peito, cando hai que estar é agora. Eu creo que debo ir traballar. Hai moita xente que non o pensa así. A xente está asustada, pero todos estamos asustados, sanitarios, forzas de seguridade,…”

“Ver as cousas desde outro punto de vista será a batalla que gañemos”

Malecón Monforte / XdL

Nunhas circunstancias como as que estamos a vivir faise importante ser capaz de dar visto a luz ao final do túnel ou/e tentar sacar o lado bo das cousas. Tarefa complicada, pero estamos nun momento que nos mostra as cousas desde outra perspectiva e iso pódenos axudar, “Creo que isto nos vai a valer a todos para ver as cousas desde outro punto de vista, creo que esa vai ser a gran batalla que se vai a gañar. Darlle importancia ao que o ten, se non, xa ves, chega unha epidemia así nun momento. E aínda non nos tocou que alguén próximo morra, cando iso comece a ocorrer, imos dicir: ollo! porque claro, agora vemolo na tele. Entra ese virus aquí ou noutra residencia e iso é unha bomba, é unha bomba de reloxería.”

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...