A Brilat desprégase este domingo en Monforte para recoñecer “as zonas máis conflitivas”

Membros da Brilat de vixiancia en Vigo dentro das operacións contra o coronavirus / Miguel Núñez

A unidade do Exército de Terra Brilat continúa coa ‘Operación Balmis’ en diferentes puntos do territorio galego. Durante esta xornada despregarase na capital galega, en Monforte de Lemos e en Marín (Pontevedra).

O obxectivo destas actuacións é establecer os procedementos e as ligazóns coas autoridades locais e as Forzas e Corpos de Seguridade no marco do dispositivo contra o coronavirus Covid-19.

Neste dispositivo tratarán de “recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz” con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade.

Segundo informou esta unidade, estas accións buscan “facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma nas zonas de especial risco para o contaxio”. Todas estas actividades realízanse no marco da operación que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here