IniciosociedadeXornada de desinfección e envío de material na provincia de Lugo

Xornada de desinfección e envío de material na provincia de Lugo

Este martes, 24 de marzo, os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia iniciaron a desinfección dos exteriores das residencias de maiores, das de discapacitados e dos centros de saúde dos municipios galegos de menos de 5.000 habitantes.

Publicado o

- Advertisement -

O persoal do SPDCIF actuará en preto de 100 residencias de persoas maiores e de discapacitados e en máis de 460 centros de saúde de 200 concellos do rural durante a situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. Os profesionais do SPDCIF desinfectarán estas áreas rurais tan concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio.

Para executar estes traballos, os efectivos contan coa debida formación para facelos e con todo o material de protección necesario para asistir con todas as garantías sanitarias, así como cos protocolos de actuación pertinentes, segundo informan desde a Xunta.

Estes profesionais tamén se encargarán de vixiar as zonas de esparexemento no rural para garantir o confinamento, e colaborarán nas comunicacións de posibles condutas irregulares a través da rede de emisoristas do propio Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia.

Estes labores executaranos os traballadores que participen voluntariamente na iniciativa durante as súas quendas de traballo. Sen esquecerse da súa función principal que é a prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar, unha cuestión que está garantida.

Desde que comezou a semana actuouse en Baralla, Becerreá, Guntín, Taboada, Sober e Boveda.

MR desinfección / Consellería Medio Rural

PRIMEIRO ENVÍO DE MATERIAL: CASE 20.000 MASCARILLAS E 17.500  PARES DE GUANTES

A Xunta, a través da delegación territorial de Lugo, iniciou o reparto entre os concellos da provincia do primeiro material urxente de protección para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais. Concretamente, repartíronse esta mañá case 2.000 mascarillas e 17.500 guantes en 17 municipios.

O Posto de Mando Avanzado, constituído o pasado sábado, está composto polo delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, representantes de todas as xefaturas territoriais, representantes de emerxencias e da policía autonómica. Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa FEGAMP que xa conta cun formulario na súa web para recoller esa información. Ademais, actúa como un punto de información para os concellos. O Punto de Mando Avanzado tamén está canalizando a través do 112 as ofertas de doazón de material que se reciban nas delegacións.

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...