Os sanitarios demandan facerse test para garantir que non están afectados

"Unha parte moi importante xa está infectado sen síntomas e estamos esparcindo o virus a toda a comunidade", adverte unha enfermeira do Chuvi, mentres, no Hospital de Monforte confirmábanse este xoves novos casos entre os que se atopan varios sanitarios.

Entrada dunha posible infectada por coronavirus en Urxencias ©Miguel Nuñez

“A sensación é de desprotección, medo e abandono”, comeza o seu relato unha enfermeira de Urxencias do Hospital Universitario de Vigo. Nesta crise por mor da expansión do coronavirus, o persoal sanitario é un dos colectivos máis expostos xa que están en primeira liña na loita contra a enfermidade. Os positivos entre médicos, traballadores de enfermaría e outro persoal hospitalario non deixa de medrar e segundo os últimos datos, Galicia chega aos 125 infectados – o que supón o 9% do total – e o conxunto do estado alcanza os 5.400, un 14% sobre o total. Toda a información no Xornal de Vigo.

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here