IniciosociedadeO Covid19 deixa 11 hospitalizados en Monforte e 2 mortes na zona...

O Covid19 deixa 11 hospitalizados en Monforte e 2 mortes na zona sur

Nas últimas horas coñecíase que o COVID19 deixaba unha nova vítima na zona sur de Lugo. O falecido foi un home de máis de 90 anos do concello de Taboada que estaba hospitalizado por complicacións previas. A primeira morte producíase a semana pasada, a dun veciño de Chantada de 89 anos.

Publicado o

- Advertisement -

Os últimos días de marzo deixaron un pico de casos detectados de COVID19 na provincia de Lugo, chegando na fin de semana a máis de 80 casos nun día. Progresivamente o número de casos novos confirmados foi diminuíndo, onte foron 76 máis e hoxe 63, os novos casos activos.

Na provincia rexístranse 521 casos activos; deles 12 están na UCI (4 deles na UCI do Hospital Público de A Mariña, 8 na do HULA). En hospitalización cóntase co 79 casos, 1 máis ca onte (19 deles no Hospital Público da Mariña, 11 no Hospital Público de Monforte e o resto no HULA). 430 persoas diagnosticadas están confinadas nos domicilio. Mentres Galicia ofrece as taxas de letalidade por coronavirus máis baixa de todas as autonomías. Toda a información no Galicia Confidencial.

 

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...