O “Resistiré” dos 16 casos activos no CAPD de Sarria

Persoal do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria gravouse no centro bailando e cantando a canción do Dúo Dinámico 'Resistiré'.

Resistiré CAPD Sarria

O CAPD de Sarria bota man da canción que se converteu en todo un himno nesta emerxencia sanitaria, para demostrar que a moral dos traballadores segue elevada, Resistiré.  O CAPD de Sarria conta con 16 casos confirmados de Covid19, 7 usuarios e 9 traballadores.

Ola! Aínda que normalmente facemos unha publicación diaria hoxe imos facer unha excepción, porque recibimos un vídeo fantástico que nos envían desde o CAPD. Seguro que coñecedes a alguén!#heroes #capdsarria#quedateencasa #quedanacasa #concellodesarria #senmedoperoconprecaución#estevirusloparamosunidos 💪💪💪

Publicada por Concello De Sarria en Miércoles, 1 de abril de 2020

No vídeo, que dura un minuto e corenta e cinco segundos, pode verse a unha ducia de traballadores de CAPD de Sarria, todos coa cara tapada con máscaras, bailando e cantando ‘Resistiré’, para terminar cun sonoro aplauso. Detrás deles pode verse unha pancarta, feita con letras de cores, e a mensaxe: “Resistiré”.

O CAPD de Sarria é nestes momentos o centro de atención a persoas con discapacidade que se atopa en peor situación na provincia de Lugo en canto ao número de contaxios por coronavirus. Un total de 26 traballadores e 14 usuarios de residencias da terceira idade e centros de atención a persoas con discapacidade da provincia de Lugo deron positivo ao ser sometidos ás probas de coronavirus, segundo informaron a EFE fontes da propia Xunta de Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here