IniciosociedadeChega a todos os concellos do sur da provincia o material da...

Chega a todos os concellos do sur da provincia o material da Xunta

Concellos como Bóveda, Sober, Saviñao ou Quiroga xa teñen anunciado a recepción do material que se suma ao material para evitar a propagación do coronavirus que foron adquirindo os propios concellos.

Publicado o

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Xunta e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, vén de realizar un novo reparto de material e equipos de protección individual (EPIs) para chegar á totalidade dos concellos lucenses. As achegas suman un total de 31.669 máscaras, 58.887 luvas, 2.424 traxes antisalpicaduras, 2.210 batas de protección, 391 unidades de xel desinfectante hidroalcohólico e 229 litros de lixivia.

O plan de apoio deseñado polo Goberno galego pon a disposición dos municipios lugueses os recursos que precisan para desenvolver con seguridade servizos municipais básicos como os de axuda no fogar, protección civil, servizos sociais ou policía local, e responde aos criterios de distribución pactados coa Fegamp.

Concellos como Bóveda, Sober, Saviñao ou Quiroga xa teñen anunciado a recepción do material que se suma ao material para evitar a propagación do coronavirus que foron adquirindo os propios concellos. Este material porase a disposición daqueles servizos que o precisen, como as traballadoras da Axuda a Domicilio e os propios usuarios e usuarias.

Continúan tamén as labores de desinfección de rúas e contedores de lixo dos diferentes concellos, así como das contarnas de centros de saúde e residencias. En Quiroga emprégase para elo o novo equipamento que a Xunta de Galicia lle enviou ao concello.

Limpeza Covid19 / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...