Refórzanse os controis dos desprazamentos en Monforte esta Semana Santa

A Policía Nacional reforzará o control dos desprazamentos na localidade de Monforte de Lemos, entre este venres e o próximo 14 de abril, coincidindo co período de Semana Santa e no marco das medidas polo estado de alarma debido á crise do COVID-19.

Un coche patrulla da Policía Nacional / GC

A Policía Nacional pon en marcha, en Monforte, desde este venres, un dispositivo especial para minimizar as consecuencias que para os cidadáns poida supoñer un posible contaxio con orixe en desprazamentos non autorizados e reducindo á súa vez o risco de propagación.

Axentes vixiarán para “garantir unha continuidade e comprobar que os distintos desprazamentos e desenvolvemento de actividades son adecuados ao establecido”. Deste xeito, reforzarase o control de traxectos en vehículo “desde e cara a” esta localidade de Monforte de Lemos durante os próximos días entre este venres, 3 de abril, ata o próximo día 14.

A Policía Nacional destaca que os datos rexistrados ata a data nesta demarcación local, no marco do estado de alarma “indican un notable cumprimento polos cidadáns das restricións establecidas nas distintas disposicións”. Iso, subliñaron as mesmas fontes policiais, “é reflexo da solidariedade cidadá” e, engadiron, “a adecuada e correcta actividade que por todos os integrantes desta Comisaría está a desenvolverse, coa colaboración e cooperación do Corpo da Policía Local”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here