Verde esperanza na Torre da Homenaxe para recoñecer aos traballadores esenciais

O Concello de Monforte iluminou na noite deste venres, 3 de abril, de cor verde esperanza a Torre da Homenaxe, un dos edificios máis emblemáticos e visibles da cidade do Cabe.

Torre ha Homenaxe en verde / Concello de Monforte

Con esta medida, o concello pretende recoñecer e agradecer a “encomiable labor e o enorme esforzo que día a día están a facer os traballadores e traballadoras dos servizos esenciais”, establecidos polo estado de alarma motivado pola pandemia do COVID-19.

Réndese así homenaxe a todas aquelas persoas que, dende os seus postos de traballo, están a loitar incansablemente para paliar os efectos do coronavirus na sociedade.

Con este xesto, o Alcalde, José Tomé Roca, quere facer partícipes a todos os veciños e veciñas de Monforte “do noso agradecemento a toda esta xente que segue a traballar na loita común contra o COVID-19:   o persoal sanitario, os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, o sector primario, as diferentes Administracións, e tamén todas aquelas persoas que de maneira altruísta están tamén a colaborar nesta fronte común que é a loita mundial contra o coronavirus”.

Torre da Homenaxe en verde / Concello de Monforte

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here