Redúcese a presión hospitalaria na provincia e os test das residencias da Domusvi no sur dan negativo

Nas residencias de anciáns das zona sur matéñense os casos activos da xornada do mércores. Esta é unha noticia especialmente positiva porque nos últimos días estanse facendo test a todos os usuarios e traballadores destes centros.

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: © Miguel Núñez.

A provincia afronta o xoves santo con 563 casos activos, 3 menos ca onte. Redúcese tamén o número de pacientes por Covid19 na UCI, con 2 menos (4 deles na UCI do Hospital Público da Mariña e 9 na do HULA). En hospitalización cóntase con 52 persoas diagnosticadas con Covid19, 3 menos ca onte (8 deles no Hospital Público da Mariña, 6 no Hospital Público de Monforte, 10 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA). Si aumentan en 2 as persoas que pasan o coronavirus confinadas na casa, cun total de 498 en domicilio. Ata o momento teñen falecido na provincia por Covi19, 17 persoas. As mortes por Covid19 en Galicia elévanse a 293.

Nas residencias de anciáns das zona sur matéñense os casos activos da xornada do mércores. Esta é unha noticia especialmente positiva porque nos últimos días estanse facendo test a todos os usuarios e traballadores destes centros. En residencias como a Domusvi de Chantada e a de Monforte todos os resultados deron negativos, o que dá maior tranquilidade a estes colectivos. Nos centros de atención ás persoas con discapacidade a situación tamén se mantén estable con respecto a onte.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here