Oposición ás oposicións en educación que a Xunta mantén para xuño

#OPOñomeaestaOPO... As redes sociais ferven tras manter o Goberno galego as oposicións para xuño a pesar da crise do coronavirus. Á proba poderían asistir centos de persoas doutras partes do Estado.

Campaña contra a convocatoria das oposicións a educación | Fonte: FB

“A nosa vontade é manter esa convocatoria por respecto ás miles de persoas opositoras que nestes momentos están a realizar o esforzo para prepararse”, suliñaba a Consellería de Educación hai uns días a través dun comunicado.  “Nunha situación tan complexa como a actual, o noso obxectivo é manter o proceso, xa que aínda se está en prazo para poder levalo a cabo”, indicaba.

En todo caso, a Xunta precisaba que está pendente da evolución da corentena e “se non se puidesen desenvolver con normalidade e garantías para a saúde de todas e todos os participantes, procederiamos a revisar os prazos”. A reacción dos opositores non se fixo agardar. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here