Os labregos contra as colas dos supermercados: “Outro sistema é posible”

"Outra economía e outro sistema é posible", reivindican os produtores locais dende as súas hortas. Nestes días están facendo un "sobreesforzo" para superar a prohibición dos mercados alimentarios e sortear esta crise a través doutras canles de venda.

Labrego galego traballando co tractor | Fonte: GC

As dificultades dos produtores locais veñen dadas, sobre todo, pola prohibición dos mercados de alimentación de proximidade dende a declaración do estado de alarma. Numerosas plataformas e asociacións ecoloxistas levan tempo reivindicando a súa reapertura e a aposta pola produción local, ademais da implantación de medidas fiscais como a exención do pago de autónomos ás pequenas granxas. Estas, de feito, foron as demandas asinadas por un total de 600 entidades a nivel estatal e presentadas ao Ministerio de Sanidade e de Consumo este mesmo mércores, 8 de abril. A información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here