IniciosociedadeA UME volveu a Monforte, no terceiro despregamento que fixo na provincia

A UME volveu a Monforte, no terceiro despregamento que fixo na provincia

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) volveu despregarse este luns, por terceira vez, na provincia de Lugo, dentro da Operación Balmis de loita contra o virus do COVID-19, para realizar novos traballos de desinfección en distintas instalacións consideradas sensibles.

Publicado o

- Advertisement -

No terceiro despregamento na provincia, a UME traballou en diversas instalacións de Viveiro,  onde efectuaron labores de desinfección na residencia de maiores Betania e na Comisaría da Policía Nacional, e tamén nos cuarteis da Garda Civil de Ribadeo e Burela. Ademais, levaron a cabo traballos de desinfección en Monforte de Lemos, na residencia Domus VI, e no centro penitenciario de Monterroso.

A UME volve á provincia de Lugo por terceira vez desde a declaración do estado de alarma sanitaria, onde xa realizara labores de desinfección, o día 24 de marzo e o 8 de abril, en distintos centros sanitarios, residencias de maiores e noutras instalacións consideradas sensibles polo número elevado de persoas que as frecuentan.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...