IniciosociedadeMonforte, primeiro hospital de Galicia sen hospitalizados por Covid19

Monforte, primeiro hospital de Galicia sen hospitalizados por Covid19

"Orgullosos de traballar cos compañeiros porque se medraron ante a adversidade. Son uns valentes que aportaron o que puideron para evitar contaxios, para que as cousas funcionaran mellor, para achegarse aos pacientes coa humanidade que os hai que tratar.” Nun día feliz no Hospital Comarcal de Monforte lémbranse de quen saben o están pasando mal "Aquí parece que pasou un pouco de lado a pandemia e puidemos sobrelevalo, de momento; pero en Ourense ou no Chuac os compañeiros estano pasando mal."

Publicado o

- Advertisement -

O Hospital comarcal de Monforte converteuse na tarde deste mércores, 15 de abril, no primeiro hospital de Galicia sen ningún paciente hospitalizado por Covid19. Durante a mañá, Sanidade informaba de que este centro contaba con 3 hospitalizados e pola tarde déuselles a alta.

A comarca de Lemos conta con varias persoas diagnosticadas de Covid19, que fan confinamento na casa, pero no Hospital Comarcal esta tarde non había ningún paciente hospitalizado por Covid19. A situación pode variar, pero polo momento os casos detectados non presentan complicacións e están nos seus fogares.

Proba de COVID19 | ALX

Ás 19.00 deste mércores, unha traballadora do Hospital Comarcal de Monforte, aseguraba á outra banda do teléfono, “Nestes momentos estamos tranquilos, non temos hospitalizados. A situación tamén pode cambiar en calquera momento porque na comarca hai pacientes positivos, pero polo momento non presentan complicacións e están nas súas casas. Estase pendente do resultado de varias probas.”

Ao feito de que nestes momentos non haxa hospitalizados engádese que o número de probas a domicilio e no Covidcar do hospital tamén están descendendo porque cada vez hai menos xente con sintomatoloxía, “Descenderon moito o número de probas de automóviles e de domicilios e estamos centrándonos nos centros sanitarios”.

Desde o Hospital Comarcal de Monforte fanse tamén os test de detección do Covid19 nas residencias. Persoal deste centro fixo as probas da Domusvi Chantada, da Domusvi Monforte e da residencia do Malecón, na cidade do Cabe. En Monforte faltaría o Fogar San José por facer as probas, mañá achéganse ao xeriátrico de Quiroga.

“Orgullosos de traballar cos compañeiros porque se medraron ante a adversidade”

Nestes momentos hai estabilidade, pero o traballo non para. O despliegue para a preparación dos test nas residencias é importante. Os procedementos foron axilizándose co paso dos días e nesta comarca respírase un pouco, despois do vivido e do que pode quedar; hoxe o día para o persoal sanitario era de satisfacción “Unha satisfacción impresionante a nivel profesional e persoal de cada traballador. O teu traballo serviu para algo, puideches poñer o teu graniño de área nun momento que é fundamental. Orgullosos de traballar cos compañeiros porque se medraron ante a adversidade. Son uns valentes que aportaron o que puideron para evitar contaxios, para que as cousas funcionaran mellor, para achegarse aos pacientes coa humanidade que os hai que tratar.”

O persoal sanitario de Monforte lembra que todo o persoal do centro, enfermería, auxiliares de enfermería, celadores, persoal de limpeza,…estaban traballando a mínimos antes da pandemia e nesa situación enfrontáronse á crise, cunha precariedade de efectivos e medios que se solventou, principalmente, co seu esforzo neste tempo. Destacan “A boa vontade das xerencias e das administracións, ninguén a pon en dúbida. O problema está na precariedade do sistema público de saúde, non  pode ser que os profesionais esteamos sufrindo a uns niveis incluso sicolóxicos. Ter que enfrontarnos a isto con esta precaridade, sen unhas liñas de funcionamento claras, foi moi complicado e moi difícil.”

Nun día feliz no Hospital Comarcal de Monforte lémbranse de quen saben o están pasando mal “Aquí parece que pasou un pouco de lado a pandemia e puidemos sobrelevalo, de momento; pero en Ourense ou no Chuac os compañeiros estano pasando mal.”

A provincia conta con 589 casos activos, un menos ca onte, deles 9 están na UCI. 39 persoas seguen hospitalizadas entre Lugo e a Mariña e 538 atópanse nos seus domicilios. Na provincia lévanse producido 21 falecementos.

Hospital en corentena Covid19 / XdL

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...