IniciosociedadeO confinamento das zonas rurais nótase e o Hospital de Monforte segue...

O confinamento das zonas rurais nótase e o Hospital de Monforte segue a 0

O Hospital Comarcal de Monforte segue sen pacientes hospitalizados por Covid19 desde o pasado mércores.

Publicado o

- Advertisement -

O Hospital comarcal de Monforte convertíase na tarde do mércores, 15 de abril, no primeiro hospital de Galicia sen ningún paciente hospitalizado por Covid19. Durante a mañá, Sanidade informaba de que este centro contaba con 3 hospitalizados e pola tarde déuselles a alta. Daquela falábase de precaución porque a situación podería variar en calquera momento, pero segundo os datos de Sanidade deste domingo, neste centro hospitalario segue sen haber hospitalizados por Covid19 desde o pasado mércores.

A comarca de Lemos conta con varias persoas diagnosticadas de Covid19, que fan confinamento na casa, na provincia son 555 as persoas que están en domicilio. 8 pacientes seguen na UCI e 32 hospitalizados, igual ca onte; 4 na Mariña, 12 en Lugo na Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA.

Os datos de casos activos de residencias de anciáns e centros de discapacidade da zona sur seguen estables. Mentres en Galicia aumentan a 444 os mortos por Covid19.

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...