IniciosociedadePor Chantada presenta un protocolo de limpeza viaria para o Concello

Por Chantada presenta un protocolo de limpeza viaria para o Concello

O concello de Chantada conta con 8 casos positivos confirmados de Covid19 polo que consideran fundamental un Protocolo para a limpeza viaria do Concello de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Por Chantada vén de presentar un decálogo de propostas para adaptar o documento técnico do Ministerio de Sanidade, do 17 de marzo e elaborado polo Concello de Madrid e a Subdirección Xeral de Sanidade Ambiental e Saúde Laboral, ao ámbito rural. E plantexan un protocolo para a limpeza viaria do Concello a aplicar durante a crise do COVID-19; tendo en conta que o concello conta con 8 casos positivos confirmados e que na vindeira semana os rapaces comezarán a saír á rúa. 

  • Varrido de vías públicas. Debe facerse para apagar residuos e materia orgánica, escollendo o varrido húmido como mellor opción.
  • Baldeo das rúas. A auga debe reforzarse con deterxentes tensioactivos de arrastre, específicos para limpeza viaria. Pódese valorar a substitución dos tensioactivos por derivados e amonio cuaternario e outros produtos con actividade biocida. Neste caso, o baldeo realizaria tanto a limpeza canto a desinfección. Portanto, debe ser a opción preferencial.
  • Desinfección. As persoas traballadoras encarregadas deste labor deben contar coas equipas de protección persoal (EPI’s). A desinfección está especialmente indicada en espazos máis sensíbeis, próximos a centros sanitarios, espazos comerciais e de alimentación, residencias de maiores e instalacións da administración.
Chantada / caminosantiagodeinvierno.com
  • Desinfección de superficies. A realización da desinfección de superficies (bancos, farolas ou calquera outro elemento municipal na vía pública, farase mediante os desinfectantes autorizados de actividade virucida, de acordo coa listaxe facilitada polo Ministerio de Sanidade3.
  • Colectores de lixo. Prestaráselle unha especial atención aos colectores de lixo. As instrucións sobre o tratamento do lixo e a demanda de manter as tapas abertas permanentemente durante a duración desta situación de emerxencia deberán colocarse plastificadas en cada un deles. Serán obxecto dunha desinfección diaria.

Ademais deste protocolo, Por Chantada solicita un bando municipal que regule a apertura do paseo só para saír coas crianzas e cun horario determinado e facer unha limpeza a fondo das rúas e paredes da vila até 2 metros de altura.

ÚLTIMAS

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...