IniciosociedadeOs monfortinos comezan a recibir as súas mascarillas este luns 27

Os monfortinos comezan a recibir as súas mascarillas este luns 27

O concello de Monforte vén de publicar un Bando no que se fai saber ós veciños e veciñas de Monforte que a partir do 27 de abril porase en marcha o operativo mediante o cal se repartirán mascarillas sanitarias, co obxectivo de facilitar novas medidas de prevención e contención do Covid-19.

Publicado o

- Advertisement -

O rexedor municipal anunciou a adquisición, nos pasados días e en diferentes partidas, de 70.000 mascarillas sanitarias, partida recibida no Concello e que comezará a ser distribuída a partir deste luns 27 entre os veciños e veciñas da cidade, para que desta forma incrementen as medidas de protección, mais aló de respectar a distancia social, tal e como recomendan as autoridades sanitarias. Desta partida de 70.000 mascarillas, unha parte irá destinada para a protección do persoal público municipal que actualmente segue a traballar para garantir os servizos que presta o Concello ós cidadáns monfortinos.

A esta partida hai que engadir a adquisición dun novo pedido de 100.000 mascarillas sanitarias para adultos así como a compra de 15.000 mascarillas sanitarias infantís que se agarda cheguen nos vindeiros días.

Medidas adoptadas para o reparto de mascarillas nos domicilios:

  1. Dende este luns 27 de abril de 2020, a partires das 9:00 horas, levarase a cabo, polo Concello de Monforte, un reparto gratuíto de mascarillas sanitarias, para a protección dos veciños e veciñas do contra a pandemia do COVID-19.
  2. O reparto farase nos domicilios, mediante a entrega gratuíta de TRES mascarillas por persoa empadroada no mesmo. Dito reparto farase por tódalas rúas da cidade. As rúas nas que se fará a entrega e as datas nas que fará a distribución, en cada unha delas, poñerase previamente en coñecemento da cidadanía mediante anuncio nos medios de comunicación social e na páxina web do Concello.
  3. O reparto realizarase por empregados públicos municipais, que utilizarán as medidas de protección, tanto de EPI’s como de mantemento das distancias, no momento da entrega.
  4. Prégase a colaboración da cidadanía para que a entrega sexa nas debidas condicións.
  5. A entrega farase na porta do domicilio, garantindo o respecto das medidas de distanciamento social, aconselladas polas autoridades sanitarias.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...