IniciosociedadeCase un millón de euros para a rehabilitación do Infanta Elena de...

Case un millón de euros para a rehabilitación do Infanta Elena de Monforte

A Consellería de Educación vén de publicar a licitación da obra de rehabilitación integral do Centro de Educación Especial Infanta Elena de Monforte de Lemos, por importe de 934.836,72 €. O prazo de presentación de ofertas remata o día 18 de maio e o de execución das obras será de 3 meses.

Publicado o

- Advertisement -

As obras de rehabilitación integral comprenden unha parte dirixida á mellora da eficiencia enerxética do centro e outra na que se realizan traballos de diferente tipoloxía dirixidos á mellora da funcionalidade e estado das instalacións.

O obxectivo é poder iniciar os traballos no verán e compatibilizalos a partir de setembro co novo curso escolar, sempre baixo as máximas condicións de seguridade e respectando as indicacións das autoridades sanitarias.

Para mellorar a eficiencia enerxética procederase ao illamento da fachada polo exterior mediante sistema SATE, así como do forxado baixo cuberta, ademais de á substitución da cuberta por unha nova de panel sándwich con acabado de chapa nervada de aceiro e illamento intermedio, con novos calóns e baixantes. Así mesmo instalaranse fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, mudaranse as persianas por unhas novas de aluminio con illante térmico interior e colocaranse luminarias con tecnoloxía LED.

O programa contempla diversas medidas para a mellora da accesibilidade do centro, como a execución de novas ramplas na zona de porche e reforma das existentes e a reforma integral do grupo de aseos de alumnado en planta baixa e primeira, así como dos vestiarios e aseos da zona residencial. Esta renovación incluirá solados, revestimentos, equipamento, fontanería, saneamento e, nalgúns casos, ventilación.

A maiores colocarase un novo pavimento de tarima nas aulas de psicomotricidade, fisioterapia e salón de actos; novos falsos teitos en varias aulas e espazos, entre eles o comedor; substituiranse algunhas portas interiores e pintaranse os paramentos. Por outra banda, ampliarase a porta de acceso á parcela para facilitar a entrada de autobuses de transporte escolar e dotarase dun novo pavimento tanto a explanada de aparcadoiro e paradas de buses como as beirarrúas perimetrais.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...