Iniciosociedade3.187 casos activos en Galicia, 222 na provincia de Lugo

3.187 casos activos en Galicia, 222 na provincia de Lugo

O Hospital Comarcal de Monforte segue desde o día 22 de abril sen hospitalizados por Covid19. 211 persoas están nos seus domicilios.

Publicado o

- Advertisement -

Este domingo, 3 de maio, a provincia de Lugo conta con 222 casos activos de coronavirus, 5 casos menos ca onte, dos que 5 están na UCI, 2 na Mariña e 3 no Hula; e 6 en hospitalización, igual ca onte. Dos hospitalizados 3 están no hospital Virxen do Ollos Grandes e outros 3 no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte segue desde o día 22 de abril sen hospitalizados por Covid19.

211 persoas están nos seus domicilios, 12 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 615 altas; 8 máis ca onte. O número de casos activos de COVID-19 en Galicia diminuíu en 48 entre este sábado e este domingo, ata os 3.187 casos, mentres que os pacientes curados neste tempo foron 96, o que eleva a cifra de recuperados ata os 6.075.

 

Os datos correspondentes á zona sur da provincia nas residencias de maiores e centros de atención a persoas con discapacidade mantéñense estables. Na Ribeira Sacra, a residencia de maiores de Castro Caldelas informa da curación dun novo usuario. Neste centro quedan agora 2 usuarios infectados.

En Galicia, un total de 41 usuarios de residencias de maiores recibiron o alta durante a pasada xornada despois de superar o coronavirus, polo que a cifra de infectados neste tipo de centros diminuíu ata os 541.

Desta maneira, o número total de contaxiados por coronavirus nos centros de atención á terceira idade e de persoas con discapacidade sitúase en 919, entre empregados e residentes.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...