179 casos activos de Covid19 na provincia, despois de darse 43 altas en domicilio

179 casos activos de coronavirus na provincia de Lugo, 44 menos ca onte, 1 hospitalizado e o resto en domicilio. O Hospital Comarcal de Monforte segue desde o día 15 de abril sen hospitalizados por Covid19.

Test rápidos Monforte / XdL

Este martes, 5 de maio, a provincia de Lugo conta con 179 casos activos de coronavirus, 44 menos ca onte, dos que 5 están na UCI, 2 na Mariña e 3 no Hula; e 5 en hospitalización, 1 menos ca onte. Dos hospitalizados 3 están no hospital Virxen do Ollos Grandes, 1 no Hospital da Mariña e 1 no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte segue desde o día 15 de abril sen hospitalizados por Covid19.

169 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 43 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 666 altas; 50 máis ca onte. E mantense o número de falecementos en 26.

Os datos correspondentes á zona sur da provincia nas residencias de maiores e centros de atención a persoas con discapacidade mantéñense estables. Na Ribeira Sacra, no parte de Ourense, a residencia de Castro Caldelas informa da curación de 2 usuarios da residencia de Castro Caldelas. Este centro conta aínda con 5 traballadores infectados.

O falecemento doutra persoa nunha residencia de maiores de Galicia elevou a 573 as vítimas mortais do coronavirus na comunidade (130 en centros xeriátricos e 443 en atención hospitalaria), segundo os datos que trasladou este martes a Consellería de Sanidade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here