IniciosociedadeAxudas de emerxencia social en Folgoso do Courel

Axudas de emerxencia social en Folgoso do Courel

O Concello de Folgoso do Courel pon en marcha liñas de axuda para emerxencia social e para apoiar aos autónomos do municipio que perderon o emprego nesta crise sanitaria.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel convocará un pleno extraordinario para aprobar a incorporación de remanente para destinar fondos a emerxencia social. Farase unha modificación de créditos coa finalidade de «conceder axudas de emerxencia social ampliando a dotación das partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás familias para asegurar a cobertura dás súas necesidades básicas, xa sexan estas de urxencia ou de inserción».

O concello destinará a gasto social o 20% do superávit orzamentario do 2019. Proximamente publicaranse as bases nas que se indicará como solicitar produtos de primeira necesidade.

O goberno municipal quere destinar tamén a estas iniciativas, os aforros dos plenos e xuntas de goberno que non se puideron celebrar durante os pasados meses, ao que se engadirán os descontos correspondentes dos salarios do concelleiro de Obras e da alcaldesa na mesma contía.

Os responsables municipais estudan a posibilidade de incorporar crédito co obxectivo de crear unha bolsa de emprego que permita contratar aos veciños do municipio que perdesen os seus traballos.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...