Iniciosociedade161 casos activos na provincia, 4 na UCI, 1 en hospitalización e...

161 casos activos na provincia, 4 na UCI, 1 en hospitalización e 156 na casa

Os datos correspondentes á zona sur da provincia nos centros de atención a persoas con discapacidade deixan dúas novas curacións en usuarios da DomusVi Bóveda, que aínda así segue con 10 usuarios infectados e 5 traballadores. Nas residencias de anciáns da zona sur da provincia os casos activos seguen estables.

Publicado o

- Advertisement -

Este domingo, 10 de maio, a provincia de Lugo conta con 161 casos activos de coronavirus, 5 menos ca onte, dos que 4 están na UCI, igual ca onte; todos eles no HULA. No Hospital da Mariña mantéñense 2 pacientes na UCI, que xa son negativos na Covid19.

1 persoa segue en hospitalización na provincia, 1 menos ca onte. A persoa hospitalizada está no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte mantense desde o día 15 de abril sen hospitalizados por Covid19.

156 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 4 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 715 altas e mantéñense os falecementos en 27.

Os datos correspondentes á zona sur da provincia nos centros de atención a persoas con discapacidade deixan dúas novas curacións en usuarios da DomusVi Bóveda, que aínda así segue con 10 usuarios infectados e 5 traballadores. Nas residencias de anciáns da zona sur da provincia os casos activos seguen estables.

O número de casos activos de coronavirus baixa en Galicia ata os 2.703 este domingo, con 55 menos que o sábado, xa que as 122 altas contabilizadas superaron o número dos contaxios detectados nesta última xornada.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...