IniciosociedadeA Covid19 sen cambios significativos na provincia cando comeza a fase 1

A Covid19 sen cambios significativos na provincia cando comeza a fase 1

156 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, igual ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 715 altas e mantéñense os falecementos en 27, manténdose os mesmos datos deste domingo

Publicado o

- Advertisement -

Este luns, 11 de maio, a provincia de Lugo conta con 161 casos activos de coronavirus, igual ca onte, dos que 4 están na UCI, igual ca onte; todos eles no HULA. No Hospital da Mariña mantéñense 2 pacientes na UCI, que xa son negativos na Covid19. 1 persoa segue en hospitalización na provincia, igual ca onte. A persoa hospitalizada está no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte mantense desde o día 15 de abril sen hospitalizados por Covid19.

156 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, igual ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 715 altas e mantéñense os falecementos en 27, manténdose os mesmos datos deste domingo.

Os datos correspondentes á zona sur da provincia nos centros de atención a persoas con discapacidade deixan dous novos usuarios curados na DomusVi Bóveda, que aínda así segue con máis dunha ducia de infectados. Nas residencias de anciáns da zona sur da provincia os casos activos seguen estables.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...