133 casos activos na provincia despois de dar 28 altas en domicilios

128 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 28 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 745 altas e mantéñense os falecementos en 27.

Entrada principal do Hospital de Monforte / XdL

Este martes, 12 de maio, a provincia de Lugo conta con 133 casos activos de coronavirus, 28 menos ca onte, dos que 4 están na UCI, igual ca onte; todos eles no HULA. No Hospital da Mariña mantéñense 2 pacientes na UCI, que xa son negativos na Covid19.

1 persoa segue en hospitalización na provincia, igual ca onte. A persoa hospitalizada está no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte mantense desde o día 15 de abril sen hospitalizados por Covid19.

128 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 28 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 745 altas e mantéñense os falecementos en 27.

Na zona sur da provincia os centros de atención a persoas con discapacidade e as residencias de anciáns mantéñense os casos activos estables.

Os casos activos de coronavirus en Galicia descende en 309 persoas, ata situarse en 2.322, mentres que aumentou o número de curados ata os 7.820, 375 máis que os notificados este luns, segundo os datos trasladados pola Consellería de Sanidade.

Así, este martes Sanidade informou de que hai 626 casos activos de coronavirus na área sanitaria de Vigo, 530 na área da Coruña, 461 na área sanitaria de Santiago, 362 na área de Ourense, 133 na de Lugo, 123 casos na de Pontevedra, e 87 casos na área sanitaria de Ferrol. En total, 2.322 casos, o que supón un descenso do 11,7 por cento con respecto ao balance do día anterior.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here