IniciosociedadeFolgoso do Courel incentiva a natalidade e evita o despoboamento

Folgoso do Courel incentiva a natalidade e evita o despoboamento

A contía máxima da axuda será de 500 euros por cada fillo ou filla nacida ou adoptada entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2020.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel convoca, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas de apoio á natalidade dirixidas aos pais e nais empadroadas no municipio que teñan ou adopten un fillo ou unha filla. O obxectivo é contribuír a sufragar os gastos de alimentos infantís ou produtos de hixiene ou farmacia para o bebé.

“Estas axudas, que intentan actuar como medidas complementarias para as unidades familiares do municipio, teñen como obxectivo axudar a fixar poboación no Concello contribuíndo dende a administración local a evitar o despoboamento mediante axudas a familias que teñan ou adopten un fillo/a”, segundo manifesta a alcaldesa, Lola Castro.

A esta finalidade, o orzamento municipal para este 2020 aprobado de forma definitiva o pasado sábado, 9 de maio, destina unha aplicación orzamentaria de 2.000 euros. Con todo, a contía prevista para estas axudas poderá incrementarse en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

As bases da convocatoria establecen entre os requisitos para conceder estas axudas que todos os membros da unidade familiar estean empadroados e teñan residencia efectiva no Concello de Folgoso do Courel, que un membro da unidade familiar deberá estar empadroado no Concello de Folgoso do Courel cunha antelación mínima de 6 meses á data do parto ou adopción, que o neno ou nena nacida ou adoptada deberá inscribirse no padrón de habitantes do Concello e que a totalidade dos membros da unidade familiar se deberán comprometer a seguir empadroados no Concello por un período de catro anos dende o nacemento ou adopción.  Ademais, o empadroamento suporá a residencia efectiva, polo que tanto os beneficiarios como os seus fillos, deberán vivir habitualmente en calquera das parroquias do termo municipal, entre outras.

Prazo e notificación

As solicitudes poderán realizarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de nove da mañá a dúas do mediodía cumprimentando o modelo oficial subscrito acompañado da documentación requirida que certifique os requisitos establecidos xunto á declaración de estar ao corrente das distintas obrigas tributarias, datos bancarios e facturas de gastos aos que se aplicou a axuda que deberán ser en alimentos infantís, produtos de hixiene e farmacia para o bebé.

O prazo de presentación de solicitudes estenderase dende o día seguinte ao que se produciu o nacemento ou adopción ata o 30 de novembro de 2020. No caso de que o nacemento ou adopción se produza no mes de novembro ou decembro, o prazo finalizará o 31 de xaneiro de 2021.

Estas axudas veranse complementadas con subvencións para a adquisición de material escolar para alumnos de infantil, primaria e secundaria do CPI Uxío Novoneyra e con axudas ao transporte destinadas a sufragar os gastos de desprazamento daqueles alumnos/as do Concello que estudan fóra do termo municipal (Bacharelato, FP ou universidade).

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...