Domusvi de Bóveda, único centro do sur da provincia con casos activos da Covid19

Na zona sur da provincia as residencias de anciáns están agora libres da Covid19 e déronse 2 novas curacións nos centros de atención a persoas con dicapacidade; a dun traballador da Domusvi de Bóveda, que segue tendo 10 usuarios infectados e 4 traballadores; e a dun traballador da vivenda Agora de Monforte.

Este mércores, 13 de maio, a provincia de Lugo conta con 124 casos activos de coronavirus, 9 menos ca onte, dos que 4 están na UCI, igual ca onte; todos eles no HULA.

1 persoa segue en hospitalización na provincia, igual ca onte. A persoa hospitalizada está no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte mantense desde o día 15 de abril sen hospitalizados por Covid19.

119 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 9 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 757 altas e mantéñense os falecementos en 27.

Na zona sur da provincia, as residencias de anciáns están agora libres da Covid19 e déronse 2 novas curacións nos centros de atención a persoas con dicapacidade; a dun traballador da Domusvi de Bóveda, que segue tendo 10 usuarios infectados e 4 traballadores. Tamén vén de dar curado na Covid19 un traballador da vivenda Agora de Monforte que figuraba como caso activo en coronavirus desde finais de marzo,  cando Política Social comezaba a remitir os casos activos nestes centros e nas residencias.

Os casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia volveron a descender, con 143 menos que a xornada do martes –unha redución do 6%–, ata situarse nos 2.179, mentres que os pacientes curados ascenden a 7.996.

Dos 2.179 casos activos na Comunidade galega, 565 corresponden á área sanitaria de Vigo; 532 á da Coruña; 436 á de Santiago; 333 á de Ourense; 124 á de Lugo; 110 á de Pontevedra e 79 á de Ferrol. O número de PCR realizadas ata a data ascenden a 118.665, fronte ás 117.001 da xornada anterior.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here