Monforte mellora os parque infantís da cidade

Nas actuacións previstas, tamén se inclúe a renovación dos carteis informativos dos parques infantís, nos que se inclúen horarios, normas de uso e toda a información necesaria para facilitar o disfrute de todos os usuarios dos mesmos.

Parque da Pinguela / Concello de Monforte

O mantemento dos parques infantís da cidade quedou paralizado por mor do establecemento do estado de alarma sanitaria derivada da pandemia da COVID-19. Pero, unha vez que as autoridades sanitarias permiten a posibilidade de executar obras deste tipo e dado que nos vindeiros días as previsións climatolóxicas parecen favorables, dende o Concello decidiuse retomar estes traballos de mellora nos diferentes parques infantís de Monforte.

A Concellería de Medio Ambiente deseñou un plan pormenorizado para levar a cabo o mantemento de todos os parques infantís, e que consistirá na limpeza integral do chan e do mobiliario dos mesmos, así como no pintado e remozado dos elementos que o necesiten (vallas, mobiliario, xogos).

Sinala o alcalde que “Con estas labores de mantemento e mellora, queremos deixar en perfectas condicións de uso estas instalacións para que cando poidan volver a ser utilizadas, os seus usuarios o fagan con todas as garantías”.

Melloras en cinco parques

Instalación de diferentes xogos inclusivos adaptados para todos os rapaces e rapazas, así como chan continuo:

  • Parque municipal infantil da Pinguela: Renovarase o chan de goma que protexe ós nenos. Instalaranse tamén, dous muelles adaptados e substituirase toda a valla perimetral do parque.
  • Parque municipal infantil da rúa Rosalía de Castro: Renovarase o chan de goma que protexe ós nenos en caso de caídas.
  • Parque municipal infantil da rúa Santiago: neste parque instalarase un muelle adaptado así coma un asento de columpio para bebé.
  • Parque municipal infantil da rúa Chantada: procederase á renovación do chan de goma que protexe ós nenos e nenas en caso de caídas.
  • Parque municipal infantil da Florida: está planificada a instalación dun asento de columpio adaptado e inclusivo.

Nas actuacións previstas, tamén se inclúe a renovación dos carteis informativos dos parques infantís, nos que se inclúen horarios, normas de uso e toda a información necesaria para facilitar o disfrute de todos os usuarios dos mesmos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here