IniciosociedadeChantada e Sober, os grandes triunfadores na XXIV Cata de Viños da...

Chantada e Sober, os grandes triunfadores na XXIV Cata de Viños da Ribeira Sacra

Neste concurso oficial participaban un total de 63 mostras en tres categorías diferentes, 37 na categoría de viños tintos, 13 na de branco e 13 na categoría doutras añadas.

Publicado o

- Advertisement -

A Cata de Viños da Ribeira Sacra que se celebrou con motivo do II Festival do Viño da Ribeira Sacra deixou un gran sabor de boca entre os presentes.

Os expertos en caldos emitiron o seu veredicto tras unha ampla mostra de productos da terra onde sinalaron como gañadores a,

Na categoría de viño tinto,

1º premio- Lagar do Vento Peizas de Bodega Roberto Regal. O seu dono, un chantadés nado no 1978, está considerado como un dos mellores enólogos de Galicia que ama a súa terra e confía no seu potencial como ninguén.

2º premio- Viña Peón de Ernesto Rodríguez Pérez. Caldo producido pola adega O Canceliño de Sober producido nunha pequena adega de tradición familiar fundada por Florencio Rodríguez.

3º premio- Viña Frieira de Bodega Carlos Fernández Rodríguez. Adega tamén pertencente a Sober, concretamente a Vilachá, Doade. De orixe familiar, a súa orixe data do ano 1850 e actualmente produce uns 10.000 litros de viño ó ano.

Na categoría de viño branco,

1º premio- Viña Garoña de Adegas e Viñedos Viña Garoña S.L. Esta adega, pertencente á subzona de Chantada, foi creada no ano 1971. Actualmente produce 46.000 litros de caldos ó ano das variantes godello e mencía.

2º premio- As Glorias de Amedo S.L. Esta adega, fundada no ano 1997, é de orixe familiar e pertencente a Chantada.

3º premio- Almalarga de Adega Alma das Donas S.L. Pertencente á parroquia de San Vicente de Pombeiro en Pantón, actualmente posee máis de 3 hectáreas de viñedos ubicados nos bancais do Sil.

Na categoría de outras añadas,

1º premio. Don Bernardino, 4ª Xeración Mencía, Barrica, 2015 de Bodegas Don Bernardino. A adega sita en San Fiz de Brosmos, Sober, actualmente ten unha produción de 15.000 botellas ó ano do seu mencía.

 

 

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...