O Saviñao entrega equipos de desinfección ás instalacións públicas

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, vén de facer a primeira entrega dos oito equipos punteiros de desinfección que mercou a entidade local para as instalacións públicas, co fin de dar unha maior garantía fronte ao risco de contaxios para traballadores e usuarios.

Equipo deseinfección / Concello do Saviñao

Os primeiros edificios que recibiron estes aparellos foron o centro médico e a residencia da terceira idade. Instaláronse dous en cada un e este martes será a quenda da Casa Consistorial, a biblioteca e a gardaría municipais. Trátase de equipos que dispoñen dunha dobre función: purificadores e desinfectantes, cunha capacidade para desinfectar e depurar 600 metros cúbicos por hora.

O goberno local tamén mercou un equipo de desinfección por ozono para acometer labores de desinfección dos vehículos do parque municipal e tamén daqueles que se dedican ao transporte público. “Facilitáraselles aos taxistas ou responsables do reparto de alimentación, carnicerías ou panaderías interesados no servizo”, detalla o rexedor local.

Este servizo instalarase no mercado gandeiro e os interesados deberán solicitar quenda contactando co Concello que será o responsable de organizar quendas de media hora para efectuar a desinfección de cada vehículo.

Carlos Armesto engade que “tamén pensamos en prestar este servizo de desinfección por ozono aos negocios e establecementos abertos ao público”. Nese caso, “o servizo de desinfección poderá prestarse os sábados e domingos ou durante a semana no horario no que permanecen pechados os servizos municipais”.

Equipo deseinfección / Concello do Saviñao

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here