Folgoso do Courel reabre a Oficina Municipal de Turismo

O Concello de Folgoso do Courel retoma a actividade na Oficina Municipal de Turismo, que abrirá de novo este mércores día 20 de maio. O horario provisional da Oficina Municipal de Turismo será de mércores a domingo de 10:00 a 14:00 horas. O número de teléfono para poder solicitar información é o 982 43 31 34.

Turismo Courel / Folgoso do Courel

A Oficina de Turismo foi preparada atendendo ás recomendacións preventivas de saúde laboral ante a COVID-19 para as Oficinas de Información Turística elaboradas pola Xunta de Galicia. A guía de boas prácticas aplicouse para garantir a saúde no ámbito laboral das persoas traballadoras e tamén para ofrecer todas as garantías aos usuarios.

Antes de retomar a actividade fíxose unha limpeza e desinfección a fondo, que se seguirá levando a cabo de forma periódica. Unha vez abra a oficina, vaise garantir a distancia de seguridade de dous metros na atención ao público e cumprir coas normas sobre o aforo. Para iso foron instalados elementos de protección e barreiras, como unha mampara, carteis e adhesivos informativos.

Tamén se colocaron dispensadores de xel e será obrigatorio o uso das máscaras. Elimináronse os folletos turísticos e daranse as explicacións nunha pantalla informativa.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here