O Incio entrega packs de protección familiar

O Concello do Incio reparte desde este martes, 19 de maio, un pack de protección familiar fronte ao coronavirus co que poder seguir dando cumprimento á normativa e ás recomendacións que están a facer as autoridades sanitarias.

Pack O Incio. concello do Incio

O Concello agradece a doazón de 4.000 mascarillas protectoras por parte de Magnesitas de Rubián, e da Farmacia do Incio que, desinteresadamente, entrega as bolsas hixiénicas, as toalliñas e unha unidade de xel dun só uso. Un lote ao que o Concello suma un bote de xel hidroalcohólico de 100 ml. e máscaras infantís reutilizables.

O Concello do Incio leva uns días preparando este material que hoxe comeza a ser distribuído coa axuda do Goberno municipal, persoal de Protección Civil e axentes medioambientais da Xunta, unha vez as autoridades sanitarias decidiron recomendar o uso xeralizado das mascarillas en espazos públicos.

O Goberno local agradece tamén a colaboración dos veciños e veciñas ao longo de todo o estado de alarma e recorda a necesidade de seguir estremando as precaucións para rematar coa pandemia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here