Substitución da cuberta do IES Río Cabe danada co temporal de hai dúas semanas

A Consellería de Educación finalizará este mércores, día 20, as obras de substitución da cuberta nun dos edificios do Instituto de Educación Secundaria (IES) Río Cabe de Monforte de Lemos, nas que inviste 40.000 euros.

IES Río Cabe cuberta / Delegación Territorial

A Xunta cambiou o teito deste centro de ensino que resultou danado durante a tormenta do pasado 4 de maio, trátase do teito dunha instalación anexa ao edificio principal. Actuouse sobre a totalidade da estrutura, e non só na parte que era preciso repoñer polos efectos do vendaval.

Os traballos comezaron de inmediato, coa retirada da chapa e outros elementos que se desprenderon, e prolongáronse por dúas semanas. En total, cambiáronse 550 metros cadrados de cuberta, retirando por completo o antigo material de fibrocemento con amianto e colocando unha nova de panel sandwich.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here